Blogue xunTOs

Blogue de Terapeutas Ocupacionais de Galicia

Queremos que XunTOs sea un espazo de todas/os, para todas/os e que construamos entre todas/os, por iso animámosche a participar. Por favor, deixa de lado as túas inseguridades, dúbidas, medos e atrévete a compartir con nós e todas/os as/os compañeiras/os terapeutas ocupacionais o que hai dentro de ti e tes para ofrecer.

  • Algunha vez pensaches crear un blogue pero nunca deches o paso? Esta é a túa oportunidade.
  • Coñeces información interesante para as/os terapeutas ocupacionais? Non a gardes, xuntas/os podemos ser máis grandes.
  • Tes algunha anécdota interesante, graciosa ou inquietante para compartir?
  • Hai algunha información no blogue que non é do todo correcta, que poderías axudarnos a mellorar ou completar? Adiante, estaremos encantadas/os de recibir a túa axuda.
  • Ocorréseche algunha mellora ou proposta para o blogue? Xa estás tardando en contarnos de que se trata.

E como facernos chegar toda esta información?

Moi fácil, envía un correo electrónico a: xuntosblogto@gmail.com.

Se o que desexas é enviarnos unha entrada para o blogue, envíanos un correo electrónico coa seguinte información e nós faremos o resto:

  • SECCIÓN na que desexas que se inclúa a entrada do blogue.
  • TÍTULO da entrada.
  • TEXTO.
  • COMPLEMENTOS: Fotos, videos, enlaces, frases, etc. (colocadas no lugar onde desexas que vaian situadas).
  • FIRMA: Nome e apelidos.

https://xuntosblogto.wordpress.com/