Formación

A vocalía de formación do COTOGA ofrece ás persoas colexiadas diferentes servizos, algúns deles abertos tamén a outras/os profesionais ou á cidadanía en xeral. As accións que leva a cabo esta vocalía céntranse en:

  • Organizar cursos, talleres, xornadas e actividades temáticas dirixidas a mellorar os coñecementos, as competencias e as aptitudes das/os terapeutas ocupacionais colexiadas/os.
  • Facilitar o coñecemento mediante actividades formativas presenciais e online.
  • Potenciar unha aprendizaxe significativa tendo en conta os intereses das/os colexiadas/os e a evolución da sociedade do coñecemento.
  • Proporcionar recursos, materiais, entornos, ferramentas de aprendizaxe e dinámicas de formación baseadas na interacción coas persoas colexiadas.
  • Participar na construción colectiva de coñecemento e contribuír á experiencia formativa, social e laboral das/os colexiadas/os.
  • Crear un espazo de colaboración e enriquecemento flexible e aberto cos coñecementos, puntos de vista e experiencias das/os colexiadas/os, de acordo coas competencias que se traballan, o ámbito de coñecemento ou o nivel de especialización da formación que siga cada persoa.
  • Poñer ao servizo das/os colexiadas/os unha formación adaptada a unha gran variedade de situacións e necesidades de aprendizaxe mediante elementos tecnolóxicos e comunicativos (blogues, wikis, microblogues, marcadores sociais, etc.).
  • Facer difusión ás persoas colexiadas de todo tipo de actividade formativa realizada polo Colexio ou por outras entidades (posgraos, cursos, charlas…).
  • Crear unha rede de formación entre as/os terapeutas ocupacionais colexiadas/os, outras/os profesionais e distintos colectivos.