Intrusismo

Co obxectivo de erradicar aquelas actividades que constitúen intrusismo profesional no ámbito da terapia ocupacional, COTOGA pon a disposición das persoas colexiadas e da cidadanía un buzón electrónico onde poderán poñer en coñecemento do Colexio os casos de intrusismo profesional que se detecten.

Con esta iniciativa, perséguese tanto a defensa da terapia ocupacional e os dereitos e intereses profesionais das/os nosas/os colexiadas/os, como a protección da sociedade fronte a prácticas que poidan atentar contra a saúde das persoas.

FORMULARIO (todos os campos son obrigatorios, dirixir a empleo@cotoga.es)



Toda a información facilitada será tratada coa debida confidencialidade e utilizada, unicamente, en relación co asunto comunicado.