Investigación

A vocalía de investigación do COTOGA ofrece ás persoas colexiadas os seguintes servizos. Algúns deles son exclusivos para colexiadas/os (*) e outros son ofrecidos para a cidadanía en xeral.

  • Difusión periódica sobre convocatorias abertas de axudas, bolsas ou premios de investigación, e outras subvenciones de interese (*).
  • Asesoramento na presentación de solicitudes a estas convocatorias (*). 
  • Apoio ao desenvolvemento de traballos de investigación propostos polas/os colexiadas/os do COTOGA (*).
  • Difusión de traballos de investigación realizados polas persoas colexiadas no COTOGA (*). 
  • Difusión de solicitudes de colaboración con investigacións de terapia ocupacional ou doutras disciplinas afíns (teses de doutoramento, traballos fin de mestrado ou fin de grao, estudos de grupos de investigación ou investigadoras/es individuais, etc.).
  • Recompilación e difusión de recursos de información de interese vinculados coa investigación en terapia ocupacional.
  • Organización de xornadas e talleres formativos relacionados con temáticas de interese neste campo: procura e revisión bibliográfica, ética de investigación, metodoloxía de investigación, redacción e preparación de publicacións científicas, etc.