Beneficios de colexiarse

Convidámosche a participar activamente no Colexio, porque cremos que é a forma de obter unha maior ganancia persoal e profesional, ademais de ter a posibilidade de fortalecer o noso colectivo, contribuíndo a alcanzar unha maior representación e unha maior dispoñibilidade de recursos.

A colexiación ofrece ás/aos terapeutas ocupacionais unha serie de beneficios, tanto a aquelas persoas que están a exercer a profesión na actualidade, como a quen non a exerce, ofrecendo neste caso se se necesita orientación e asesoramento na etapa transitoria ata atopar un posto laboral.

Os servizos aos que toda persoa colexiada ten dereito son:

  • Acceso a toda a información dispoñible na páxina web do COTOGA.
  • Asesoría legal e laboral: asuntos de intrusismo profesional, publicidade enganosa, cumprimento da legalidade vixente sobre TO, recompilación de lexislación de interese, tramitación de recursos, etc.
  • Toma de decisións e voto en calquera aspecto contemplado nos Estatutos do Colexio.
  • Descontos nas accións formativas desenvolvidas polo COTOGA, así como en cursos ofertados por outras Asociacións e Colexios de Terapeutas Ocupacionais adheridos ao convenio de organizacións de terapia ocupacional, así como doutras entidades, como empresas ou fundacións privadas, que teñan convenio establecido con COTOGA.
  • Acceso a información de interese sobre congresos e xornadas profesionais e científicas, convocatorias de axudas ou bolsas de investigación, novidades do BOE e o DOG, e sobre calquera outra temática que se considere de interese para as persoas colexiadas.
  • Acceso a ofertas de emprego exclusivas para colexiadas/os. Se non tes traballo ou queres mellorar a túa situación laboral, o Colexio ofréceche novas oportunidades para acceder ao mercado laboral.
  • Participación en Grupos e Comisións de Traballo. O Colexio ten as portas abertas a que colabores para facer máis forte a túa profesión. Por iso, bríndache a posibilidade de que poidas incorporarte a Grupos e Comisións de Traballo. Para formar parte dunha Comisión só tes que comunicalo en secretaría. Para pertencer a unha Comisión non fai falta ser un experto na materia, só fai falta ter inquietudes e estar disposto a dar un pouquiño do teu tempo libre para que a nosa profesión siga crecendo.
  • Préstamo de material. O Colexio pon a disposición das persoas colexiadas, mediante un servizo de préstamo, os materiais dispoñibles na súa sede (como baterías de avaliación ou recursos bibliográficos).