Como colexiarse

Son condicións necesarias para obter a incorporación ao Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia as seguintes:

  • Ostentar a titulación legalmente requirida para o exercicio en España da profesión de terapeuta ocupacional.
  • Non ter sido condenada/o a pena de inhabilitación especial para o exercicio da profesión de terapeuta ocupacional, durante o tempo da condena.
  • Non atoparse suspendida/o por sanción disciplinaria colexial noutro colexio do territorio español.
  • Abonar os correspondentes dereitos ou cotas de incorporación.

Podes iniciar a túa solicitude de colexiación vía online a través da páxina web do Colexio (www.cotoga.es) ou remitila por correo ordinario a:

COTOGA
Eléctrica Coworking
Boquete de San Andrés, 8
15003 A Coruña

Para realizar a túa solicitude online, tes que acceder á pestana de Portelo único e cubrir o formulario dispoñible cos teus datos de contacto, indicando no asunto “Solicitude de colexiación”.

Neste formulario atoparás a posibilidade de achegar os teus arquivos en formato pdf. Estes poden ser arquivos escaneados, tras imprimilos e firmalos a man, ou arquivos dixitais, cubertos directamente en pdf e firmados con certificado dixital. Para facilitar a xestión desta documentación, rogamos inclúase o nome da persoa que solicita a colexiación no título de cada arquivo, nomeándoos como se indica nos seguintes exemplos: “Anexo I_Apelido1Apelido2Nome” ou “DNI_Apelido1Apelido2Nome”.

Unha vez recibida a documentación, a túa solicitude será respondida no prazo dun mes, segundo se recolle nos estatutos.

  • Folla de inscrición (Anexo I) e declaración responsable (Anexo II) debidamente cubertas.
  • Una fotografía tamaño carné.
  • Fotocopia do documento de identidade (N.I.F. ou T.R.).
  • Fotocopia do título de diplomatura ou grao en terapia ocupacional, ou a homologación ou xustificante de solicitude compulsado. Se aínda non dispós do título, é necesario presentar o Certificado Supletorio do título expedido pola Universidade correspondente.
  • Xustificante bancario de ingreso da cota inicial. O resto das cotas deberán ser domiciliadas. A cota inicial ha de ingresarse no número de conta ES79-2038-4004-2960-0040-1507 (de la entidad Bankia) , cuxo titular é o Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia. O importe será de 60 euros, por semestre natural (de Xaneiro a Xuño e de Xullo a Decembro) se a solicitude de colexiación efectúase en xaneiro ou Xullo, se se efectúa en meses diferentes aos mencionados, aplicarase unha redución proporcional ao tempo en vigor ata o seguinte semestre(ver cotas de colexiación). Para as persoas con dereito a redución de cota (desemprego/non exercientes), o importe será de 30 euros por semestre natural, aplicando redución proporcional igualmente, polos meses en vigor ata o seguinte semestre.  No concepto do ingreso ha de indicarse o nome e apelidos da persoa que solicita a colexiación, tal e como se especifica a continuación: “Cota inicial – Nome e apelidos”.
  • Folla de domiciliación bancaria debidamente cuberta (Anexo III).
  • Folla de cesión de datos debidamente cuberta (Anexo IV)En cumprimento da normativa vixente de Protección de Datos, deben ser públicos os datos de nome e apelidos, número de colexiada/o, situación de exercicio profesional e dirección profesional, incluído o número de teléfono e o correo electrónico. Como queira que a dirección profesional, número de teléfono e/ou correo electrónico poden coincidir coa/co persoal, en caso de non desexar facer públicos estes datos, debes avisarnos a través do Anexo IV , acreditando os motivos fundados e lexítimos relativos a unha concreta situación persoal que impidan esta publicación nos termos establecidos no art. 6.4 da Lei Orgánica de Protección de Datos.
  • No caso de contar con dereito a cota reducida, xustificación do dereito á mesma achegando o Anexo V. Podes ver as cotas vixentes na actualidade no apartado “Cotas de colexiación”.
  • Folla de cesión de dereitos de imaxe debidamente cuberta (Anexo VI).

O abono das cotas colexiais é un requisito imprescindible para a colexiación. O seu importe é determinado cada ano pola Asemblea Xeral do Colexio. O primeiro pago debe realizarse no mesmo momento da colexiación. Os seguintes efectuaranse por domiciliación bancaria.

Os importes das cotas, vixentes desde o día 3 de xuño de 2017, son os que se indican a continuación:

  • Gastos de inscrición: non aplicables.
  • Cota ordinaria: 120 euros. (cobranza por semestres naturais)
  • Cota reducida para persoas desempregadas ou non exercientes: 60 euros. (cobranza por semestres naturais)

O pago da cota inicial de colexiación, será proporcional ao tempo en vigor ata a o seguinte semestre. A cobranza de cada semestre natural, realizarase nos meses de xaneiro e xullo a partir do día 3 , reflectíndose en cada un destes pagos, o importe da metade da cota anual.

O importe da cota inicial será de 60 euros, se a solicitude de colexiación efectúase en xaneiro ou Julio, 50 euros (Febreiro ou Agosto), 40 euros ( Marzo ou Setembro), 30 euros ( Abril ou Outubro), 20 euros (Maio ou Novembro) e 10 euros (Xuño ou antes do  14 de Decembro), fóra daquelas persoas que con dereito a redución de cota(desemprego/non ejercientes), nese caso será de 30 euros(Xaneiro ou Julio), 25 euros (Febreiro ou Agosto), 20 euros (Marzo ou Setembro), 15 euros (Abril ou Outubro), 10 euros (Maio ou Novembro) e 5 euros (Xuño ou ata o 14 de Decembro).

No caso de querer acollerse á cota reducida, deberase aportar a seguinte documentación:

  • Solicitude de redución de cota (Anexo V).
  • Tarxeta de procura de emprego actualizada. Para manter a redución de cota nos seguintes pagos, ha de presentarse cada semestre esta tarxeta actualizada, co fin de comprobar se a persoa mantén a súa situación de desemprego. No caso de que non sexa presentada, deixarase de aplicar a redución de cota e a persoa terá que pagar o importe total da cota ordinaria.

No caso de que desexes darte de baixa, isto é o que debes facer:

  • Estar ao corrente de pago.

Cubrir a solicitude de baixa (Anexo VII).

Así mesmo, poñemos á túa disposición os seguintes documentos:

  • Folla de variación de datos (Anexo VIII).

Para calquera dúbida ou consulta, non dubides en dirixirte ao correo administracion@cotoga.es ou en contactar con nós a través da pestana de Portelo único.