Quen somos

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) dávos a benvida á súa páxina web.

Desexamos que esta sexa unha ferramenta útil tanto para as persoas colexiadas como para todas aquelas persoas que requiran da nosa atención e actuación profesional. Agardamos tamén que toda a información que está distribuída nos distintos apartados poida ser de gran axuda para todas/os vós.

Sobre o Colexio

A organización autonómica máis antiga de terapia ocupacional en España é a APGTO (Asociación Profesional Galega de Terapeutas Ocupacionais), que data do ano 1983. O obxectivo primordial da APGTO era a creación do que hoxe é o noso Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA).

O COTOGA créase co fin de defender os dereitos e deberes das persoas colexiadas e da poboación beneficiaria dos seus servizos, ademais de contribuír á difusión e promoción da actividade profesional de terapia ocupacional nos seus diferentes ámbitos de intervención.

Quen somos?

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia foi elixida na Asemblea Extraordinaria para a Constitución do COTOGA que se realizou en Santiago de Compostela o 3 de xuño de 2017.

Formamos parte dela dez persoas cargadas de ilusión e cun potencial emprendedor para a orientación e apoio de toda aquela persoa que o necesite.

Andrea Alonso Cadavid
Presidenta
presidencia@cotoga.es

Tania Romeu Ces
Vicepresidenta Zona Norte
cotoga@cotoga.es
Mª del Pilar Blázquez Ballesteros
Vicepresidenta Zona Sur
administracion@cotoga.es
Raquel García López
Secretaria
secretaria@cotoga.es
Sabela Gómez Villar
Tesoureira
tesoreria@cotoga.es

Thais Pousada García
Vocal de Comunicación
comunicacion@cotoga.es
Alba Mª Vázquez Otero
Vocal de Emprego
empleo@cotoga.es
Mª de las Mercedes Seoane Bouzas
Vocal de Formación
formacion@cotoga.es
Laura Nieto Riveiro
Vocal de Investigación
investigacion@cotoga.es
Inés Viana Moldes
Vocal de Relacións Institucionais
relaciones.institucionales@cotoga.es

Onde podes atoparnos?

O COTOGA ten a súa sede en Eléctrica, un espazo dinámico, diáfano e acolledor no centro da Coruña.

COTOGA
Eléctrica Coruña
Boquete de San Andrés, 8
15003 – A Coruña
(Atenderase baixo cita previa)