Revista TOG

A Revista TOG nace baixo a dirección da Asociación Profesional Galega de Terapeutas Ocupacionais (APGTO), sendo a súa editora ata o ano 2017. A partir da creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia, a edición da mesma é asumida polo COTOGA.

Esta revista científica aglutina artigos relacionados coa divulgación, investigación e difusión da terapia ocupacional. A revista está aberta a colaboracións procedentes doutras profesións que teñan vinculación coa terapia ocupacional.

TOG pretende crear un nexo de unión entre todas as comunidades autónomas, xerando un espazo onde os autores que residan nas mesmas poidan expoñer os seus artigos. Ademais, é tamén un punto de encontro con outros profesionais de América Latina e do resto de continentes, que polo interese dos seus traballos queiran facelos chegar a TOG. Esta revista prove acceso libre inmediato ao seu contido baixo o principio de facer dispoñible gratuitamente a investigación ao público, o cal fomenta un maior intercambio de coñecemento global.

http://www.revistatog.com