#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

ESCRITO COTOGA-MODIFICACIÓN RPT POLÍTICA SOCIAL

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA), coa colaboración de persoas colexiadas, enviou un escrito dirixido á Consellería de Política Social e Xuventude e á Consellería de Facenda e Administración Pública, reivindicando o acceso das e dos profesionais de terapia ocupacional nas prazas de Inspector/a de Servizos Sociais e a creación dun maior número de postos de traballo para terapeutas ocupacionais nos equipos de valoración de Dependencia e Discapacidade.

Dende o COTOGA, velamos, sempre, polo cumprimento dos dereitos e competencias das e dos terapeutas ocupacionais no exercicio da súa profesión no beneficio da persoa doente.