O pasado mércores, 18 de setembro, os nosos vogais de formación e emprego, Pablo Abal e Brais García, acudiron á xornada «Retos e propostas de mellora na atención sociosanitaria do ictus» na Consellería de Sanidade.
Nesta xornada expuxéronse os resultados do informe técnico sobre o impacto das secuelas nas fases subaguda e crónica tras un ictus, dende a perspectiva dos profesionais sanitarios e persoas afectadas.
Destacouse a necesidade de mellorar na continuidade de coidados, resaltando a importancia dun equipo multidisciplinar, onde a figura do/a terapeuta ocupacional posúe moita relevancia.
Ademáis, tamén se considerou de suma importancia, dar información ás familias e persoas afectadas sobre os recursos asistenciais aos que poden acceder de cara a recibir unha atención integral.