PUBLICACIÓN CENSO ELECTORAL COTOGA

Según consta na normativa das eleccións á Xunta de Goberno do COTOGA, faise público o censo electoral a día 17 de decembro, data da convocatoria oficial. Nota para as persoas colexiadas: Informase que o censo electoral, é coincidente coa listaxe de persoas colexiadas, publicada na web do COTOGA. CENSO

NOVO CONVENIO COTOGA-FUNDACIÓN MUSIC FOR ALL

COTOGA e FUNDACIÓN MUSIC FOR ALL, están interesados en colaborar na súa aposta por conseguir unha industria musical accesible, inclusiva e diversa, así como implicarse na reivindicación do papel activo que as persoas con diversidade funcional, teñen nos procesos creativos musicais, artísticos e culturais, e no goce da música e a cultura.

CONVOCATORIA 17 DE NOVEMBRO – A DEPENDENCIA NON PODE AGARDAR

Dende a Plataforma Galega por unha atención digna á Dependencia, Emerxencia Dependencia, da que COTOGA forma parte, queremos lembrarvos que o vindeiro 17 de novembro, ás 11:00 h, terá lugar unha concentración diante do Parlamento de Galicia (rúa do Hórreo, Santiago de Compostela) para reclamar unha atención digna, recursos suficientes e uns orzamentos sociais xustos […]

INCLUSIÓN DA TERAPIA OCUPACIONAL NOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA), valora positivamente o incremento global do orzamento da Consellería de Sanidade para o ano 2026, que consolida o reforzo de persoal e a mellora da atención sanitaria en Galicia. Celebramos especialmente o anuncio da posta en marcha dun programa de rehabilitación domiciliaria que incluirá terapia ocupacional, […]

COTOGA PARTICIPA NA FAIRWAY VI FORUM DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Os próximos días 9, 10 e 11 de novembro, estaremos na Cidade da Cultura participando na sexta edición do Fórum do Camiño de Santiago FAIRWAY. O COTOGA terá unha caseta no que explicaremos os beneficios da Terapia Ocupacional para achegar o Camiño de Santiago a todas as persoas. Baixo o tíulo “¿Qué aporta la Terapia Ocupacional […]

CELEBRACIÓN XUNTANZA DÍA MUNDIAL DA TERAPIA OCUPACIONAL

O pasado luns 27 de outubro, celebramos o Día Mundial da Terapia Ocupacional na sede do COTOGA, compartindo un encontro cheo de creatividade, reflexión e compañeirismo. Desde a Terapia Ocupacional realizamos unha actividade creativa para poñer en valor todo o que a nosa profesión significa e representa para cada persoa. Das achegas das nosas colexiadas e colexiados […]