COTOGA NA XUNTAZA ANUAL COFIGA 2025

O pasado 13 de setembro, o COTOGA estivo na XUNTANZA ANUAL COFIGA 2025, representado pola presidenta, Mercedes Seoane. Desde COTOGA, valoramos especialmente a oportunidade de compartir este espazo con outros colexios e profesionais sanitarios, convencidas/os de que a colaboración interprofesional, é clave para afrontar os retos actuais e futuros da atención á saúde e ao […]
COTOGA EN EXPOFAMILIA

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) estivo presente na pasada edición de ExpoFamilia, os días 13 e 14 de setembro, no Recinto Feiral de Expourense. Alí, deuse a coñecer o papel esencial da Terapia Ocupacional en ámbitos como a sanidade, a educación, os servizos sociais, a comunidade e a investigación.No stand estiveron:🔸 Raquel […]
WFOT NEWS JULY 2025

Ligazón á newsletter
CONVOCATORIA EMEGA 2025 PARA EMPRENDEDORAS GALEGAS

Aberta a convocatoria EMEGA 2025 para emprendedoras galegas! Xa está en marcha o Programa EMEGA 2025, unha iniciativa da Xunta de Galicia que ofrece axudas económicas para mulleres emprendedoras que queiran crear, mellorar ou reactivar o seu proxecto empresarial en Galicia. Estas subvencións inclúen medidas para: Prazo de solicitude : do 15 de xullo ao 14 de […]
ARTIGO “EL DOMICILIO, ESPACIO TERAPÉUTICO”

Compartimos a publicación dun artigo en “LA VOZ DE GALICIA” do pasado 15 de xullo, no que a presidenta do COTOGA, Mercedes Seoane, defende a terapia ocupacional na asistencia domiciliaria. Preme aquí para acceder á noticia.
NOVA XUNTA DIRECTIVA DO COTOGA 2025

O pasado domingo día 15 de xuño, celebrouse a Asamblea Xeral de COTOGA, con eleccións á nova Xunta de Goberno, sendo ratificada a única candidatura presentada, conformada por:
A IMPORTANCIA DA TERAPIA OCUPACIONAL NOS TRASTORNOS PSICÓTICOS

Compartimos a publicación en “La Voz de Galicia”, dunha entrevista feita á psiquiatra Eva Fontenla, que deixa de manifesto a importancia de incluir a terapia ocupacional na recuperación dos trastornos psicóticos. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2025/05/25/tu-tienes-culpa-tu-hijo-tenga-psicosis-/0003_202505H25C12991.htm
GALERÍA I CONGRESO INTERNACIONAL DO CGCTO

Compartimos ligazón á galería do I Congreso Internacional do CGCTO, por si é do voso interese. https://congresoconsejoterapiaocupacional.com/galeria/
PUBLICACIÓN ARTIGO GERIATRICAREA

Achegamos ligazón á publicación do artigo confeccionado por varias persoas colexiadas do COTOGA, ás que agradecemos a súa colaboración, na revista GERIATRICAREA. https://www.geriatricarea.com/2025/05/26/doble-vulnerabilidad-la-salud-mental-en-el-envejecimiento-y-sus-desafios/ “O Monográfico foi enviado aos máis de 16.500 subscritores e tamén está dispoñible na web: https://www.geriatricarea.com/2025/05/20/salud-mental-en-el-adulto-mayor-monografico-especial-geriatricarea-3/
