Aberta a convocatoria EMEGA 2025 para emprendedoras galegas!
Xa está en marcha o Programa EMEGA 2025, unha iniciativa da Xunta de Galicia que ofrece axudas económicas para mulleres emprendedoras que queiran crear, mellorar ou reactivar o seu proxecto empresarial en Galicia.
Estas subvencións inclúen medidas para:
- Fomentar o autoemprego feminino
- Apoiar a conciliación persoal e laboral
- Facilitar o acceso a servizos de apoio empresarial
Prazo de solicitude : do 15 de xullo ao 14 de agosto de 2025
Para máis información e bases completas preme no DOG