A VI Feira dá Saúde e do Benestar Pontesan celebrouse con gran éxito durante a fin de semana do 26-27 de setembro, consolidándose como un referente na promoción da saúde e o benestar na comunidade. O evento, que contou co apoio de COTOGA, reuniu a profesionais e público interesado en temas actuais relacionados coa saúde, seguindo así a temática deste ano “Información e Desinformación”.
O venres destacou a oratoria da colexiada Marina Rubio, quen ofreceu un relatorio inspirador titulado “Envellecer sen barreiras: Terapia Ocupacional con persoas maiores xordas”. A súa intervención, puxo o foco na importancia de eliminar barreiras para as persoas maiores con discapacidade auditiva, mostrando como a terapia ocupacional pode mellorar significativamente a súa calidade de vida e autonomía.
O sábado, o colexiado Daniel Ramos, terapeuta ocupacional e instrutor de cans de terapia e asistencia, presentou a súa actividade “Pegadas que Guían: Terapia Ocupacional Asistida con Cans”. Daniel explicou os beneficios da intervención asistida con cans, destacando o seu papel na rehabilitación e no apoio emocional de diferentes grupos de usuarios e facendo ademáis, exemplos en directo co público.
Ademais, a colexiada Bibiana San Miguel, fixo unha pílura no stand de terapia ocupacional, onde expuxo sobre “Aulas sensorialmente intelixentes e o seu impacto na inclusión”. O seu traballo espertou gran interese entre os e as visitantes, que puideron coñecer como os espazos educativos deseñados para estimular os sentidos, favorecen a inclusión e o desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas.
A VI Feira dá Saúde e do Benestar Pontesan 2025, pechou as súas portas cunha valoración moi positiva, deixando claro o compromiso de COTOGA e de todas as persoas participantes co benestar comunitario.