#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

COTOGA CO MOVEMENTO GALEGO DE SAÚDE MENTAL

O sábado 18 de outubro, debatimos sobre o acceso á vivienda das persoas con diagnóstico psiquiátrico na X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental, inaugurada por Rosa Cerqueiro, presidenta desta plataforma e na que participaron, entre outros, María Pierres, secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e Iago Lestegás Tizón, concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Santiago de Compostela.

O COTOGA estivo representado pola nosa presidenta, Mercedes Seoane.

Tamén saímos á rúa para poñernos na pel das persoas sen fogar. Tombámonos no chan, entre cartóns, na cidade de Santiago de Compostela, para lembrar que a vivenda é un determinante esencial da saúde, a ocupación e a participación. Unha vivenda non é só un teito: é o lugar desde o que unha persoa pode coidarse, construir identidade, relacionarse, sentirse parte e desenvolver un plan de vida.

Desde a Terapia Ocupacional defendemos a Xustiza Ocupacional: o dereito para ser, facer e estar en igualdade, a vivir con sentido, dignidade e autonomía, a habitar espazos que sosteñan a saúde e a vida cotiá. Cando a pobreza, a exclusión ou a falta de accesibilidade impídeno, non só se perde un lugar, vulnérase unha vida.

Unha vivenda digna e accesible non é un privilexio, é un dereito que sostén a saúde, a identidade e o futuro. Por saúde, por participación, por Xustiza Ocupacional.

Seguimos traballando para que ninguén quede fóra do seu lugar no mundo.