#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

PUBLICACIÓN CANDIDATURAS XUNTA DE GOBERNO DO COTOGA

Finalizado o prazo para a presentación de candidaturas, informamos que na administración do COTOGA recibíronse dúas CANDIDATURAS. Examinado que cumpren cos requisitos, procédese segundo a normativa, a facela pública por orden de chegada, mediante este correo electrónico e na páxina web da corporación.

CANDIDATURA 1


CANDIDATURA 2

Tal e como establecen os Estatutos, celebraranse as votacións na Asemblea fixada para o día 31 de xaneiro de 2026.

En próximos días, indicarase orden do día, horario e lugar definitivo.

Para aquelas persoas interesadas en realizar o seu voto por correo, infórmase que poden solicitar o exercicio deste dereito ata o día 21 de xaneiro.

Neste caso, indicamos condicións a ter en conta:

  • O voto por correo deberá ser por correo postal, certificado.
  • A solicitude farase persoalmente (presentación DNI) no local de COTOGA, ou ben por correo postal achegando solicitude de voto por correo con firma lexible de puño e letra e fotocopia DNI, ou por correo electrónico con firma dixital a ​(cotoga@cotoga.es).​
  • Na solicitude deberá constar ademáis do interese por exercer o voto por correo, nome e apelidos, número de colexiación e dirección completa onde desexa recibir a documentación, en caso contrario enviarase á que consta na base de datos do Colexio.

Unha vez feita a solicitude, remitirase a cada solicitante documentación para poder exercitar devandito dereito.

O voto por correo deberá ser recibido en COTOGA como máximo o 29 de xaneiro.

No caso de acudir o día das eleccións, ainda que tivese o voto emitido por correo, pola normativa que afecta ás eleccións de COTOGA, informámoslle de que de realizar o voto presencial este anula o realizado con anterioridade por correo, procedendo no seu momento a mesa electoral, a non insertar o voto realizado previamente por correo.