#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

PROPAGANDA ELECTORAL CANDIDATURAS ELECCIÓNS Á XUNTA DE GOBERNO DO COTOGA

Según a normativa do proceso electoral do COTOGA, adxunto enviamos a propaganda electoral recibida das dúas candidaturas presentadas á Xunta de Goberno, por orden de recepción.

CANDIDATURA 1

CANDIDATURA1 PROGRAMA ELECTORAL​​


CANDIDATURA 2

Estimadas persoas colexiadas.

Dirixímonos a vos para presentar o noso programa electoral de cara ás próximas eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Terapia Ocupacional de Galicia.

Trátase dun proxecto construído desde a reflexión, o diálogo e o compromiso coa profesión, baixo un lema que resume a nosa proposta:

Estabilidade e compromiso pola Terapia Ocupacional en Galicia.

A nosa candidatura susténtase en valores que consideramos esenciais para o exercicio profesional e para a acción colexial:

* Ética.
* Rigor profesional.
* Transparencia.
* Equidade.
* Compromiso co conxunto das persoas colexiadas.

Así mesmo, propoñemos unha serie de liñas de acción prioritarias, orientadas ao fortalecemento do Colexio e á defensa da Terapia Ocupacional en Galicia:

* Crecemento e fortalecemento do Colexio Profesional.
* Creación de redes de colaboración entre persoas colexiadas.
* Formación continuada de calidade.
* Defensa activa da profesión.
* Fomento do emprego.
* Difusión e visibilidade da Terapia Ocupacional.
* Transparencia institucional.
* Xeración de beneficios reais para o colectivo.

O 31 de xaneiro, a vosa participación é fundamental. Animámosvos a exercer o voso dereito a voto e a contribuír á construción dun Colexio forte, estable e comprometido coa profesión e coas persoas que o conformamos.

Candidatura Ao xeito da TO

CANDIDATURA2_PROGRAMA ELECTORAL