Dende a Xunta Directiva, procédese a convocar a Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará o día 7 de xuño de 2026, na sede do COTOGA, Rúa Boquete de San Andrés, 8 – LOCAL ELÉCTRICA, 15003- A Coruña, primeira convocatoria ás 16:00 h e segunda convocatoria ás 16:30 h.
Prégase inscrición, para ter coñecemento previo da asistencia co obxectivo de facilitar a organización e o aforo.
Enviado correo electrónico a todas as persoas colexiadas.