FELIZ DÍA MUNDIAL DA TERAPIA OCUPACIONAL
Aprender, coidarse, traballar, xogar ou gozar do lecer. As actividades que realizamos, os roles que desempeñamos e as rutinas que mantemos inflúen na nosa saúde, no benestar e na calidade de vida.
Desde COTOGA, felicitamos ás e aos terapeutas ocupacionais que traballan para que cada persoa poida participar nas actividades que quere, necesita ou se espera que realice.
Grazas por escoitar o que é importante para cada persoa, acompañar os seus proxectos de vida e traballar con ela e coa súa contorna para reducir barreiras e facilitar apoios para decidir, facer e formar parte.
Descarga a imaxe e comparte, preme aquí.