#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS DE TERAPEUTAS OCUPACIONAIS (CGCTO) E ELECCIÓNS NOVA XUNTA DIRECTIVA

A nosa presidenta, Macarena Sánchez, asistiu esta fin de semana á Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios de Terapeutas Ocupacionais (CGCTO).

O sábado 27 de xaneiro de 2024, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria do CGCTO. Asistiu unha representación de todos os colexios profesionais autonómicos de terapia ocupacional.

Tratáronse temas organizativos e tomáronse decisións para seguir unha liña común de acción para posicionar a terapia ocupacional.

Seguirase traballando de forma conxunta para facer crecer a profesión.

Desde o CGCTO, agradecen a todos os colexios profesionais autonómicos a súa inestimable participación e implicación.

Na Asemblea Xeral Ordinaria, realizáronse novas eleccións á Xunta.

A nova Xunta do CGCTO esta composta por:

  • Presidenta: Inmaculada Iñiguez
  • Vicepresidenta: Nuria Mateo
  • Secretaria: Berta María Martín
  • Tesoureira: Pilar Agüera
  • Vogal: Adrián López
  • Vogal: Ana Rondón
  • Vogal: Carme Olivera

Tras o nomeamento da nova Xunta do CGCTO na Asemblea Xeral Ordinaria, queremos agradecer o seu esforzo e dedicación, ás compañeiras que estiveron ao fronte estes anos da Xunta, traballando en pro da terapiaocupacional.

Grazas a:

  • Presidenta: Ana Isabel Martínez
  • Vicepresidenta: Sandra Abad
  • Secretaria: Berta María Martín
  • Tesoureira: Nuria Mateo
  • Vogal lexislación: Isabel Válido
  • Vogal grupos de traballo: Maria Moran