#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

CELEBRACIÓN XUNTANZA DÍA MUNDIAL DA TERAPIA OCUPACIONAL

O pasado luns 27 de outubro, celebramos o Día Mundial da Terapia Ocupacional na sede do COTOGA, compartindo un encontro cheo de creatividade, reflexión e compañeirismo.

Desde a Terapia Ocupacional realizamos unha actividade creativa para poñer en valor todo o que a nosa profesión significa e representa para cada persoa.

Das achegas das nosas colexiadas e colexiados xurdiron palabras que nos definen e nos inspiran:

Ocupación, equilibrio, terapia ocupacional, calidade de vida, prescrición ocupacional, movemen-TO, participación, xustiza ocupacional, comunidade.

Cada palabra reflicte o compromiso da nosa profesión coa vida cotiá das persoas, coa inclusión e coa transformación social.

Queremos agradecer a todas as persoas colexiadas que se achegaron a compartir esta xornada, enchendo o espazo de ilusión, ideas e sentimento de pertenza.

Grazas por manter viva a Terapia Ocupacional, por facer dela unha profesión comprometida, humana e chea de valor.