#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

CONVOCATORIA 17 DE NOVEMBRO – A DEPENDENCIA NON PODE AGARDAR

Dende a Plataforma Galega por unha atención digna á Dependencia, Emerxencia Dependencia, da que COTOGA forma parte, queremos lembrarvos que o vindeiro 17 de novembro, ás 11:00 h, terá lugar unha concentración diante do Parlamento de Galicia (rúa do Hórreo, Santiago de Compostela) para reclamar unha atención digna, recursos suficientes e uns orzamentos sociais xustos para a dependencia e os coidados.

Difundamos entre compañeiras/os, usuarias/os, asociacións e tamén a través das redes sociais.

A dependencia e os coidados non poden agardar. Precisamos orzamentos sociais xustos.