Na recente reunión entre a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e o Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA), o 2 de abril, á que acudiron Macarena, presidenta e Belén, vicepresidenta, lográronse importantes sinerxias orientadas ao fortalecemento da atención temperá e da terapia ocupacional.
Un dos principais acordos alcanzados, foi a implementación de estratexias colaborativas para mellorar a calidade dos servizos de atención temperá e a completa dispoñibilidade do COTOGA, para apoiar a súa nova andaina na Xunta Directiva, dándolle a benvida á mesma.
Finalmente, reafirmouse o compromiso de manter unha canle de diálogo aberto e continuo, para avaliar o progreso das iniciativas conxuntas e explorar novas áreas de cooperación.