O COTOGA, xunto co Colexio de Traballo Social de Galicia, o Colexio de Educación Social de Galicia e a Fundación Salma, reuníronse coa subdirectora de Saude Xeral de Atención á Saúde Mental, e co coordinador asistencial de saúde mental, a relación do documento elaborado de “ACORDO POLA MELLORA DA SAÚDE MENTAL INFANTO-XUVENIL EN GALICIA”.
A esta reunión, asistiu como representante do COTOGA a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, que reclamou as prazas de terapia ocupacional que están solicitadas desde as xefaturas de servizo de saúde mental, como a da unidade infanto xuvenil de Ferrol e do Hospital de Calde de Lugo.
Ademais, aproveitou para remarcar a precariedade de servizos e a falta destes nas diferentes áreas sanitarias, así como a falta de equidade e ausencia de terapeuta ocupacional en servizos de saúde mental onde non estamos a día de hoxe.