O pasado 24 de abril, o Colexio de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA), representado por Macarena Sánchez, presidenta do COTOGA, e as colexiadas Raquel García e Sheila Fernández, participou na Feira das Profesións de Negreira, organizada polos departamentos de Orientación dos IES Xulian Magariños de Negreira, de Ames e de Brión, acompañados nesta ocasión polo IES do Milladoiro, co obxectivo de achegar a terapia ocupacional ao alumnado destos institutos.
Foi unha oportunidade enriquecedora para dar a coñecer a nosa labor profesional e mostrar como contribuímos na elección laboral futura.
Agradecemos o interese mostrado ao alumnado, a súa colaboración a Raquel e Sheila, e seguimos traballando por unha maior visibilidade da nosa profesión en todos os ámbitos.