O pasado 7 de setembro, a nosa tesoureira, Cristina Grela, e a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, asistiron ao 25 aniversario de COFIGA.
O acto tivo lugar en Santiago cun amplo programa, entre o que destacamos un vídeo conmemorativo do aniversario do COFIGA, o monólogo de Carlos Blanco, a actuación de Broken Physio Teatro, así como a entrega de diferentes premios.
Tivemos a oportunidade de compartir a velada co COPOGA, co Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense, e tamén con diferentes autoridades do Concello de Ourense.
Noraboa ao COFIGA pola traxectoria e labor nestes anos.