O pasado sábado 16 de decembro, o COTOGA foi convidado polo BNG a participar nun foro de Sanidade, ao que acudiron a nosa presidenta, Macarena Sánchez, e a tesoureira, Cristina Grela.
Neste foro tivemos un espazo para expoñer a situación da terapia ocupacional e as necesidades que emerxen no Servizo Galego de Saúde.
A realidade é moi tanxible, sendo necesario un cambio de mirada, lonxe do modelo médico-centrista no que nos atopamos, achegándonos a disciplinas centradas na promoción da saúde e o benestar a través da ocupación.
Dentro do paradigma actual, onde a enfermidade é o inicio do proceso, segundo unha enquisa do INE, as persoas en situación de discapacidade e/o dependencia, afirman que os maiores retos diarios son a realización das tarefas diarias, os problemas de mobilidade e o autocuidado. Tres desafíos, nos que intervén directamente a terapia ocupacional.
Polo que, estamos a cubrir as necesidades das/os pacientes?
En Galicia, actualmente existen 63 prazas de TO na sanidade pública, cifras baixas se temos en conta as necesidades que teñen as e os pacientes, e que converxen en esencia coa terapia ocupacional, a maiores da inequidad con respecto a outras profesións que atopamos dentro dos equipos.
Dende COTOGA, pedíronse máis de 50 prazas neste ano 2023 para cubrir as necesidades. Este é o inicio para mellorar os servizos no SERGAS, e as desigualdades entre áreas con maior presencia de terapeutas ocupacionais.
A saúde é un dereito, polo que sempre seguiremos loitando pola mellora asistencial nos servizos.