Hoxe celebramos con todas as persoas que, coa súa paixón e compromiso, fan posible que outras recuperen a súa autonomía, o seu benestar e a súa participación na vida cotiá.
Grazas por acompañar, por escoitar, por crear oportunidades e por transformar cada ocupación nunha ferramenta para vivir con máis sentido.
Parabéns, terapeutas ocupacionais, pola vosa entrega e polo impacto tan bonito que xerades na sociedade!
