Alégranos informarvos de que, o 26 de outubro de 19:00h a 20:30h levarase a cabo un encontro en liña gratuíto entre terapeutas ocupacionais “Terapia ocupacional: presente e futuro”, onde se abordarán os retos actuais da nosa profesión dende diferentes perspectivas: saúde pública (atención primaria), emprendemento, investigación e docencia. Tamén contaremos coa presenza do alumnado (AETOG) para difundir as súas experiencias como futuros terapeutas ocupacionais.
Requisitos: Pertencer a algún Colexio Profesional de Terapia Ocupacional ou ser asociada/o da AETOG.
Preme na seguinte ligazón para a inscrición. (prazo máximo 26 de outubro ata as 14:00)