O pasado xoves 26 de outubro, saíu publicada unha entrevista á nosa presidenta, Macarena Sánchez Carnero , no diario “El Correo Gallego”, onde fala sobre o papel da terapia ocupacional en todas ás áreas de actuación, en materia de prevención e promoción da saúde.
Estamos nun momento de cambio de paradigma, e a nosa profesión ten a esencia para continuar creando camiño.
Dende COTOGA, seguiremos loitando pola terapia ocupacional, para chegar a máis persoas, a máis puntos de traballo e establecernos nos que xa existen.
Para ver a nova enteira: preme aquí