#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

INCLUSIÓN DA TERAPIA OCUPACIONAL NOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA), valora positivamente o incremento global do orzamento da Consellería de Sanidade para o ano 2026, que consolida o reforzo de persoal e a mellora da atención sanitaria en Galicia. Celebramos especialmente o anuncio da posta en marcha dun programa de rehabilitación domiciliaria que incluirá terapia ocupacional, fisioterapia e logopedia, destinado inicialmente ao redor de 100 persoas no marco da Estratexia Galega en Enfermidades Raras.

Desde o COTOGA consideramos esta medida un avance importante cara a unha atención máis integral, centrada na persoa e na súa contorna, que recoñece o papel da terapia ocupacional dentro dos equipos interdisciplinares de rehabilitación e atención domiciliaria. A inclusión da nosa profesión neste programa supón un recoñecemento á contribución da terapia ocupacional á autonomía, á funcionalidade e á calidade de vida das persoas.

O COTOGA entende que os orzamentos de 2026 representan unha oportunidade para consolidar a presenza da terapia ocupacional no sistema público galego, avanzando cara a un modelo máis humanizado, comunitario e baseado na funcionalidade e na participación das persoas.

O Colexio manterase atento ao desenvolvemento das medidas anunciadas e ofrece a súa colaboración á Consellería de Sanidade para que a posta en marcha destes programas redunde no benestar da cidadanía galega.

Ligazón á nova