O pasado 16 de novembro, a nosa presidenta, Macarena Sánchez, e a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, mantiveron unha reunión co servizo de saúde mental do Hospital Universitario Lucus Augusti, coa xefa de servizo de saúde mental, Paula Cores, e a subdirectora de enfermería, Rosa Varela.
Un encontro para dar a benvida e éxitos no novo cargo da xefa de servizo, favorecer a colaboración entre o COTOGA e o Hospital para a cobertura de sustitucións das e dos terapeutas ocupacionais, creación de documentos de funcións e competencias da nosa disciplina, así como, falar das necesidades de novas prazas de terapia ocupacional en Saúde Mental na Área Sanitaria de Lugo.