#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

REUNIÓN COTOGA-XERENCIA SERGAS FERROL

O dia 5 de marzo, a nosa presidenta, Macarena Sánchez e, a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, reuníronse coa Xerente da área sanitaria de Ferrol, Fernanda López Crecente e a subdirectora de humanización, Estrella López Pardo.

Nesta reunión, obtivéronse resultados positivos en relación coa praza de saúde mental infanto xuvenil, (prevista a súa apertura en xullo) e opcións dunha praza en atención temperá, en horario de tarde, así como xornadas de difusión e visibilización da terapia ocupacional entre a población xeral e outros/as profesionais do SERGAS.

Ademais, o COTOGA reclamou dotación de material, formación específica e cobertura de vacacións, días propios, etc…, nos diferentes servizos de TO, polo que instamos ás e os TO que traballen en Ferrol no SERGAS, que informen ao Colexio no caso de non cubrirse para poder facer a reclamación oportuna.