#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

A TERAPIA OCUPACIONAL NA FEIRA DAS PROFESIÓNS DO IES DE SAR

O pasado 30 de xaneiro, dúas colexiadas do COTOGA, acudiron ao IES de SAR, onde realizaron unha xornada de difusión e visibilización da profesión para o alumnado, familiares e outros/as profesionais que se acercaron ao pabillón.

Puideron resolver dúbidas da terapia ocupacional a profesionais doutros colectivos que se atopaban en diferentes mesas informativas, como traballo social, fisioterapia, psicoloxía, policía, hostelería, etc… ademais de informar a familiares e alumnado.

Unha excelente xornada para amosar o noso traballo.

Moitas grazas ás compañeiras pola colaboración!