#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

REUNIÓN COTOGA-CSIF

O pasado 9 de xaneiro, a nosa tesoureira, Cristina Grela, e a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, reuníronse con Carlos Castro, presidente do CSIF, e María Teresa Macías, vicepresidenta.

A reunión consistiu na presentación dun documento da situación actual da TO no SERGAS en Galicia, onde se comparaban as prazas creadas nos últimos 4 años, as ratios de cada área sanitaria, así como a xustificación da necesidade da presenza de TO. Desde o COTOGA fíxose ademais unha proposta de creación de novas prazas e, aumento das existentes nos diferentes servizos.