Despois de varias comunicacións recibidas no COTOGA, por Terapeutas Ocupacionais que traballan no Servizo Galego de Saúde, quenes tiñan negado o acceso ao IANUS, iniciouse por parte do Colexio, a xestión correspondente para recuperar o devandito acceso, mediante o envío de escritos a diferentes estamentos como a Dirección Xeral de RR.HH e Xerencia do CHUS, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, a Xerencia do SERGAS e Dirección Xeral de Saúde Pública, conseguindo como resultado da xestión, o acceso de novo a esta ferramenta, por parte do persoal de Terapia Ocupacional, xa que o seu impedimento vulnera os dereitos do paciente e as compentencias do/a Terapeuta Ocupacional.
Estas accións son as que se deben realizar en conxunto, para seguir dando visibilidade e recoñecemento á nosa profesión.