#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

PRAZAS DE TERAPEUTAS OCUPACIONAIS EN ATENCIÓN PRIMARIA NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)

Hoxe, compartimos esta nova coa ilusión e o esforzo que durante os últimos anos realizamos desde COTOGA, sobre todo, o derradeiro, poñendo especial fincapé en defender a nosa profesión en contextos, dentro do Servizo Galego de Saúde, que considerabamos de vital importancia.

Tras as confirmacións coa administración, podemos transmitir, que se crearon 7 postos de traballo para terapeutas ocupacionais nas sete Áreas Sanitarias, enmarcados dentro dun plan de promoción da saúde e prevención da enfermidade “Plan Obesidade Zero”.

Esta nova dános impulso para seguir loitando desde o COTOGA, coa colaboración das persoas colexiadas, para conseguir fitos históricos que hoxe celebramos.

Por fin, podemos dicir que a Terapia Ocupacional irrompeu con moita ilusión en ATENCION PRIMARIA no SERGAS.

Como sempre decimos, xuntas e xuntos somos máis.

¡¡Parabéns colectivo!!