Onte, día 27 de xuño, a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, xunto coa nosa secretaria, Tania Romeu, reuníronse co Conselleiro de Sanidade, D. Antonio Gómez Caamaño e o Xerente do Servizo Galego de Saúde, D. José Ramón Parada Jorgal.
Expuxemos:
- Inequidade dos servizos de TO nas áreas sanitarias de Galicia e comparativa con outras CCAA
- Ausencia de TO en recursos do SERGAS
- Xornada laboral dun/unha TO dividida para varios recursos
- Ausencia de TO en recursos en zonas rurais, como Mariña Lucense, Monforte de Lemos, Barco de Valdeorras ou Verín
- Ausencia de TO dentro dos perfís profesionais do Plan Galego de atención domiciliaria en AP 2024-2025
- Necesidade de inclusión de representación de TO en Plans elaborados pola Consellería
- Presentamos documentación e proxectos de TO en AP
- Intervención de TO en Plan Obesidade Zero e xustificación de continuidade
- Necesidade de difusión da nosa disciplina entre diferentes perfís profesionais do SERGAS
- Prazas de procesos selectivos
- Problemática de coordinación e supervisión de TO por parte de perfís profesionais diferentes
Obtivemos compromiso de inclusión do Colexio nos Plans elaborados pola Consellería, como o Plan Galego de Saúde Mental, posibilidade de difusión da disciplina dentro do SERGAS, continuidade de formación para TO en ACIS e, estudo de proposta de TO en Atención Primaria, así como estudo do aumento de TO en recursos de SERGAS e procesos selectivos.
Unha reunión de moito proveito, coa que poder seguir traballando na mellora e promoción da nosa disciplina.