#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

COTOGA NA PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE ADAPTACIÓN DE FOGARES PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL DA CORUÑA

O pasado día 14 de xuño, a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, asistiu a Ikea de A Coruña, á presentación dun proxecto inclusivo consistente na adaptación de fogares para persoas con diversidade funcional, visibilizando de esta maneira a importancia do papel da terapia ocupacional na autonomía das actividades cotiás.

Neste acto tivemos a oportunidade de participar explicando a nosa profesión e dando voz á importancia da exposición de proxectos como este, nos que se pon de manifesto o valor da nosa disciplina.

Parabéns ao alumnado de segundo curso do Grao en Terapia Ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde-UDC pola súa implicación no proxecto en colaboración con ENKI e IKEA, e grazas á UDC pola súa invitación.