#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

COTOGA NA PRESENTACIÓN DE «PAISAXES NO MAR»

Onte, 11 de xullo, a nosa vicepresidenta, Belén Núñez, estivo na presentación do proxecto “PAISAXES NO MAR” que tivo lugar na Filmoteca de Galicia.

Trátase dun proxecto colaborativo entre alumnado do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas. Especialidade en Artes, da Universidade de Santiago de Compostela e do Grao en Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña, con persoas usuarias do Hospital de Día de Saúde Mental de Oza.

Durante as sesións, os e as participantes, puideron coñecer unha forma diferente de entender e comunicar a través da creación cinematográfica. Ademais, serviu para conectar diferentes historias de vida, significados, sentimentos, intereses e recordos, co mar como protagonista.

Unha experiencia que une diferentes miradas e unha única mensaxe.

Ao remate da proxección, deprazámonos ao local de COTOGA, podendo así dar a coñecer as nosas instalacións ás persoas usuarias, familiares e outros/as profesionais e, ter un lugar onde compartir impresións e desfrutar dun picoteo.