#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

«PAISAXES NO MAR»

O día 11 de xullo, ás 18 h na Filmoteca de Galicia, COTOGA estará na presentación de «Paisaxes no mar», o resultado dun proxecto colaborativo entre alumnado do Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional da Universidade de Santiago de Compostela e do Grao en Terapia Ocupacional da Universidade da Coruña, con persoas usuarias do Hospital de Día de Saúde Mental de Oza.

Durante as sesións, os participantes puideron coñecer unha forma diferente de entender e comunicar a través da creación cinematográfica. Ademais, serviu para conectar diferentes historias de vida, significados, sentimentos, intereses e recordos, co mar como protagonista.

Unha experiencia que une diferentes miradas e unha única mensaxe.