Onte, a nosa secretaria acudiu a unha reunión, en representación do COTOGA, como membro da Comisión Permanente do Consello de Saúde no Concello da Coruña, para a finalización dos pasos previos do Plan Municipal de Saúde Mental, traballando nunha preparación da fase diagnóstica para coñecer os recursos e así, poder traballar na prevención e promoción da Saúde Mental dende o Concello da Coruña.
Ademáis, como parte activa da Comisión Permanente do Consello de Saúde, reclamamos a reorganización dos grupos de traballo para ter unha maior operatividade e así, poder defender un papel activo da Terapia Ocupacional neles.