#COTOGACONTIGO

¡JUNTXS SOMOS MÁS!

Escrito para solventar a situación das e dos terapeutas ocupacionais no acceso ao IANUS na Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) notifica mediante un escrito, a situación que está a ocorrer na Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, no acceso das o dos terapeutas ocupacionais ao IANUS para o rexistro do historial clínico da persoa doente.

Dende o COTOGA, velamos, sempre, polo cumprimento dos dereitos e competencias das e dos terapeutas ocupacionais no exercicio da súa profesión, no beneficio da persoa doente.